Cunha situación privilexiada, Casa Peto (Pensión Residencia ** e Restaurante) caracterízase polo seu contorno verde e tranquilo e as suas maxestuosas vistas do monte Tremuzo. Está situada no concello de Outes, no medio da comarca da ría de Muros e Noia, no Cruceiro de Roo a 42 km. de Santiago de Compostela e a un paso do mar. Por todo esto pódese clasificar como un lugar privilexiado, en tempo vacacional, ó encontrarse nun contorno de mar e montaña.

Casa Peto foi inaugurada en 1950 e ó redor da casa antiga foi crecendo e cambiando ó longo de tres xeracións e espera seguir facéndoo, pero sempre sen cambiar a filosofía dun negocio familiar que trasmite confianza e bo trato, excelencia en materias primas e sobre todo familiaridade.